Xa era hora!

Cociñamos con produto, con alma, sen artificios. Por iso nacen estes premios: para distinguir o mellor do mellor da nosa tradición culinaria, dende a empanada de millo ata o cocido máis ben feito.

Aquí non hai estrelas nin espumas:
hai grelos, polbo, vacún galego…

Se tes un prato estrela,
este é o teu momento

Polbo á feira

Mexilón

Berberecho

Lacón con grelos

Cocido galego

Vieira

Merluza

Marisco

Cabrito

Vacún galego

Galo, pularda ou capón

Lamprea

Caldeirada

Lura

Caldo Galego

Callos á galega

Arroz de marisco

Empanada

Pan

Postres caseiros

Recoñocementos especiais

Casas de comidas

Senlleiros de Galicia

Pratos esquecidos

Quen foron os premiados?

A gala desta edición xa é historia. O 1 de decembro de 2025, no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), celebramos unha noite moi especial na que se recoñeceu o traballo dos restaurantes galegos que mellor representan a nosa tradición polo mundo adiante.

Tras a deliberación do xurado, estes foron os restaurantes gañadores en cada categoría.

Parabéns a todos eles e tamén aos finalistas, que fixeron desta

edición unha das máis especiais ata o de agora.

Un xurado experto

Temos un xurado cheo de talento galego e de prestixio: chefs, xornalistas gastro, influencers, sumilleres e amantes da boa mesa.

Organiza

Colaboración institucional

Patrocinadores ouro

Patrocinadores prata

Patrocinadores bronce

Colaboradores

Unha asociación con sabor a tradición

Amigos da Cociña Galega naceu aló polo 1976, cando uns poucos cociñeiros teimudos decidiron que a nosa tradición non podía quedar só na memoria. E así seguimos: promovendo, protexendo e servindo, prato a prato, a verdadeira esencia da gastronomía galega.