FILOSOFÍA

Xa era hora!

Cociñamos con produto, con alma, sen artificios. Por iso nacen estes premios: para distinguir o mellor do mellor da nosa tradición culinaria, dende a empanada de millo ata o cocido máis ben feito.

Aquí non hai estrelas nin espumas:
hai grelos, polbo, vacún galego…

Próxima gala

FILOSOFÍA

Xa era hora!

Cociñamos con produto, con alma, sen artificios. Por iso nacen estes premios: para distinguir o mellor do mellor da nosa tradición culinaria, dende a empanada de millo ata o cocido máis ben feito.

Aquí non hai estrelas nin espumas:
hai grelos, polbo, vacún galego…

Próxima gala

GALA 2025

Revive a noite dos premiados

O 1 de decembro de 2025, o Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela acolleu a primeira edición dos Premios da Cociña Galega. Unha noite de recoñecemento á tradición, ao produto e ao oficio.

CATEGORÍAS

Se tes un prato estrela,
este é o teu momento​

Polbo á feira

Receita de mariscos bivalvos

Receita de mariscos crustáceos

Cocido galego

Pescada

Salpicón de marisco

Receita con año ou cabrito

Vacún galego

Galo, pularda ou capón

Caldeirada de peixe

Lura

Caldo galego

Callos á galega

Empanada galega

Lamprea

Carne ao caldeiro

Orella de porco

Receita de xoubas, sardiña ou parocha

Filloas

Raxo de porco

Recoñocementos especiais

Casas de comidas

Senlleiros de Galicia

Pratos esquecidos/recuperados

Novos talentos da cociña tradicional

PREMIADOS

Quen foron os premiados?

A gala desta primeira edición xa é historia. O 1 de decembro de 2025, no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), celebramos unha noite moi especial na que se recoñeceu o traballo dos restaurantes galegos que mellor representan a nosa tradición polo mundo adiante.

Tras a deliberación do xurado, estes foron os restaurantes gañadores en cada categoría.

Queres coñecer quenes foron os finalistas?

Descubre o listado completo por categorías.

XURADO

Un xurado experto

Temos un xurado cheo de talento galego e de prestixio: chefs, xornalistas gastro, influencers, sumilleres e amantes da boa mesa.

Organiza

Colaboración institucional

Patrocinadores ouro

Patrocinadores prata

Patrocinadores bronce

Colaboradores

Unha asociación con sabor a tradición

Amigos da Cociña Galega naceu aló polo 1976, cando uns poucos cociñeiros teimudos decidiron que a nosa tradición non podía quedar só na memoria. E así seguimos: promovendo, protexendo e servindo, prato a prato, a verdadeira esencia da gastronomía galega.