Premiados
O mellor da cociña galega fou recoñecido! Estes restaurantes arrasaron nas súas categorías.
Mellor Pulpo á Feira
Pulpeira de Melide
Águeda Ubeira
É cofundadora e CEO de Vanetta Food, startup que impulsa a cultura gastronómica rexional desde unha visión vexetal. En só dous anos, a empresa destaca a nivel nacional, con presenza internacional e múltiples premios. Ademais, Águeda é Presidenta de AJE Vigo e Sur de Provincia e Secretaria Xeral de AJE Galicia.
Mellor Receita de Mexilón
Nado
Alfonso López
Creador de Recetas de Rechupete, é un referente da cociña caseira e tradicional en España. Con máis de 2.000 receitas, 9 libros e 3 millóns de visitas mensuais, combina o seu traballo en liña con clases e colaboracións. Mantén un estilo que une a tradición galega coa cociña actual, sempre co obxectivo de gozar e compartir.
Mellor Receita con Berberechos
D’Berto
Álvaro Victoriano
Cociñeiro con ampla traxectoria iniciada no Casino de Madrid, onde participou en eventos de alto prestixio xunto a chefs como Paco Roncero e Ferrán Adrià. En A Coruña, lidera proxectos propios como Peculiar, Intenso, Charlatán e Ultramarinos Galera, recoñecidos por Michelín e Repsol. Actualmente é xestor do comedor de Inditex.
Mellor Lacón con Grelos
La Molinera
Ana Méndez
Máis de 20 anos de experiencia no sector vitivinícola, especialmente en vendas e exportación internacional. É Directora-Xerente en Galicia Calidade e Vicepresidenta de AJE Ourense. Formou parte do Grupo Reboreda Morgadío, xestionando mercados exteriores e representando os viños galegos en feiras e eventos de todo o mundo.
Mellor Cocido Galego
La Molinera
Ana Prieto
CEO de “La Cocina es Vida”, plataforma de comunicación gastronómica. Experta en fotografía, creación de contidos e produción de reportaxes para medios de prensa e radio. Divulgadora apaixonada pola cultura culinaria, os produtos e as tradicións locais, e viaxeira con especial interese no turismo gastronómico e de experiencias.
Mellor Receita con Vieira
Nado
Anna Mayer
Escritora gastronómica e fundadora de Panepanna, proxecto de divulgación sobre cociña e cultura italiana con web, newsletter e comunidade propia. Colabora en medios como El Comidista e Directo al Paladar, explorando as conexións entre Italia e España. Reside en Santiago de Compostela, onde desenvolve o seu traballo de investigación e divulgación gastronómica.
Mellor Receita con Merluza
Nito
Carlos Guardado
É Patrono da Fundación Grande Covián e Académico da Academia Galega de Gastronomía e da Academia Leonesa. Preside a Academia Gastronómica Asturiana Camiños de Santiago e forma parte da FECOCA. Recoñecido como Guisandera de Oro 2023.
Mellor Salpicón de Marisco
El Refugio
Carlos Palomar
Profesional con experiencia en marketing y comunicación, actualmente é Responsable de Marketing na edición de A Coruña da revista Pincha. Entre 2021 e 2025 foi Responsable en Galicia da aplicación Too Good To Go, traballando en proxectos de sostenibilidade e redución do desperdicio alimentario.
Mellor Receita con Año/Cabrito
La Viuda
Carmen Albo
Creadora do blog “Guisándome la vida”, con receitas sinxelas e historias persoais. Dirixe cursos na súa tenda-taller en Vigo e conduce o programa “La Guía Gastronómica” na Cadena SER. Colabora en proxectos de marketing online e é autora de varios libros. Destácase por un estilo fresco e próximo, consolidándose como voz de referencia na gastronomía galega.
Mellor Receita con Vacún Galego
España
Chechu Rey
Fundador de La Isita Gastronomía e cofundador de La Familia Gastro SL e Gunnen. Foi Chef Executivo en Estrella Galicia e xefe de cociña en varios restaurantes e hoteles recoñecidos, incluíndo proxectos Michelin. Especialízase en creación de propostas gastronómicas, formación de equipos e xestión hostaleira. Máis de 25 anos combinando tradición, innovación e impacto positivo.
Mellor Receita con Galo/Pularda/Capón
Don Dín
Claudia Queiruga
Creadora de contido gastronómico en @lagula_gourmet e responsable da xestión de redes sociais. Participa como xurado en certames gastronómicos e é ilustradora do libro “Propuestas Pedagógicas en la etapa de 0 a 6 años”. Conta con formación en Educación Infantil, emocional e comunidades virtuais.
Mellor Receita con Lamprea
Chef Rivera
David Suárez
CEO de Diesemm. Fundador Gastro Movida Summit. Apasionado de la industria Gastroalimentaria en Galicia.
Mellor Arroz de Marisco
Salitre
Francisco Gil
Dirixe desde 2008 o programa “Cousas de Comer” e coordina desde 2015 o suplemento La Revista en La Región e Atlántico Diario, onde tamén é crítico gastronómico. Autor e coordinador de numerosos libros sobre gastronomía galega, recibiu premios como o Álvaro Cunqueiro, a Medalla de Ouro do Salón Xantar e o premio da DO Ribeiro.
Mellor Caldeirada
Beiramar
Gerson Iglesias
Dirixiu cocinas como Adega das Caldas e fundou o restaurante Ruxe Ruxe en Vigo. Desde 2020 é xefe de cociña do Hotel OCA Vila de Allariz, enfocando a proposta gastronómica no produto local e autóctono. En 2022 foi elixido presidente de Cociña Ourense e combina tradición e vangarda na súa cociña, sendo finalista en premios como Cocinero Revelación de Galicia.
Mellor Receita con Lura
Casa Surrey
Gustavo Villar
@yococinotumiras é creador de contido culinario galego, centrado en receitas fáciles, tradicionais e modernas con produtos locais e de tempada. Destaca por promover a cociña galega accesible e sabrosa, incluíndo pratos como dorada ao forno ou gazpacho. Conta con máis de 25.000 seguidores e unha comunidade activa interesada na gastronomía local.
Mellor Caldo Galego
La Molinera
Guillermo Campos
É xornalista e divulgador pioneiro da gastronomía en Galicia. Autor de numerosos libros e articulista en medios nacionais e internacionais, combina crítica gastronómica e promoción de produtos galegos. Recoñecido entre os 35 críticos máis influentes de España (Forbes 2020), centra o seu traballo na cociña identitaria e innovadora.
Mellores Callos á Galega
Culuca
Xavier Castro
Mellor Empanada
Salitre
Javier Outumuro
Mellor Postre Casero
Nado (Flan)
Jesús Picallo
Mellor Pan
A Boa Migalla
Jaime Pereira
Secretario General en Confederación Empresarial de Ourense.